A Nosa Historia
GETS-IT é un grupo de investigación social interdisciplinar creado en 2021 en Galicia. Busca conectar teoría e práctica para mellorar a intervención social, promovendo a xustiza social coa aplicación transversal dos dereitos humanos e a perspectiva de xénero.
É o único grupo liderado por Traballo Social no SUG, con sede na UVigo e formado por 19 persoas investigadoras de varias disciplinas. Destaca pola súa produción científica, participación en proxectos, formación de persoal investigador e recoñecemento como Grupo de Potencial Crecemento (2025).
Somos GETS-IT, un grupo interdisciplinar da Universidade de Vigo dedicado á investigación social aplicada e á transferencia do coñecemento para a xustiza social.
Formación especializada
Desenvolvemos actividades de docencia e formación orientadas á especialización en intervención social, dirixidas tanto a estudantado universitario como a profesionais do ámbito social e sanitario.
Como grupo interdisciplinario apostamos por unha formación baseada na evidencia científica e conectada coa práctica profesional, en coherencia co noso obxectivo de aportar á intervención social e as políticas públicas.
Promovemos a actualización de coñecementos, incorporando de maneira transversal o enfoque de dereitos humanos e a perspectiva de xénero.

O noso traballo vai máis alá da investigación académica, orientándose a xerar un impacto real na sociedade. Transferimos coñecemento ás administracións públicas, entidades sociais e profesionais co obxectivo de mellorar as políticas públicas e as prácticas de intervención social. Desenvolvemos recursos, ferramentas e espazos de divulgación que conectan a investigación coa realidade social, promovendo cambios baseados na evidencia e contribuíndo á mellora da calidade de vida das persoas e comunidades.
Colaboracións e Asesoramento
Traballamos en estreita colaboración con universidades, centros de investigación, entidades sociais e administracións públicas, tanto a nivel nacional como internacional. Estas alianzas permítennos abordar os retos sociais dende unha perspectiva plural e interdisciplinar, sumando saberes e experiencias que enriquecen a nosa investigación e amplían o seu impacto.
Contratos e Financiamento
O noso grupo conta con financiamento procedente de convocatorias competitivas públicas, contratos con entidades e organismos do sector social, e proxectos en colaboración con institucións autonómicas e estatais. Este apoio permítenos desenvolver unha investigación sólida, continuada e orientada á mellora das políticas e prácticas de intervención social.
















